Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 21 Setembro 2026.

12 meses de sensibilización en prol da igualdade nos coidados desde a corresponsabilidade: mes de agosto

    Oitava entrega da campaña de sensibilización do Gabinete de Igualdade de CCOO de Galicia.

    24/08/2026.
    Entrega do mes de agosto da campaña do Gabinete de Igualdade de CCOO

    Entrega do mes de agosto da campaña do Gabinete de Igualdade de CCOO

    En agosto, seguimos incorporando nesta sección as propostas máis destacadas de CCOO nas 100 medidas para un Pacto integral e estatal de coidados.

    Esta vez, referímonos a dous apartados que se complementan: o dereito a recibir coidados pro­fesionalizados e o desenvolvemento xusto e necesario dos dereitos laborais das persoas do sector.

    Canto ao dereito aos coidados profesionalizados, recollemos as seguintes medidas:

    — Garantir desde o Estado e as CCAA a universalidade e accesibilidade dos servizos de edu­cación infantil de 0-3 anos; que sexan de calidade e estean dispoñibles tanto en zonas urbanas como en zonas rurais ou desfavorecidas.

    — Escolarización pública e gratuíta desde 0 anos.

    — Ampliar as prazas de xestión pública ata a cobertura universal do primeiro ciclo de educación infantil 0-3 anos.

    — Ampliar significativamente a oferta de recursos e prazas de xestión pública e pór en prác­tica programas de actividades extraescolares, de vacacións, ocio escolar e apoio escolar de calidade, gratuítas.

    — Creación de residencias e vivendas públicas con servizos e equipos multidisciplinarios para a atención próxima das persoas maiores e dependentes en grao menor.

    — Garantir un investimento económico suficiente e finalista, redistribuído de forma xusta e destinando os seus recursos a investimentos ligados aos coidados e a dependencia.

    Dado que esa profesionalización dos coidados inclúe necesariamente unha vertente laboral, a continuación inclúense tamén aquelas medidas do Pacto que afondan nesa problemática, foca­lizándose sobre as necesidades e dereitos das persoas que coidan:

    — Equiparación das condicións laborais e salariais das categorías de xerocultoras, auxilia­res de axuda a domicilio e outras similares dos sectores de coidados, ao persoal homó­logo do servizo público correspondente.

    — Regulación estatal dos requisitos mínimos dos centros canto a currículos, espazos, ratios profesionais (aplicación de ratios de nenas e nenos por persoa adulta recomendadas pola UE).

    — Implementar as ratios de cadros de persoal para a cobertura asistencial (dependencia, maiores) establecendo un número de persoas traballadoras mínimo por quenda de tra­ballo.

    — Vixiar que as empresas asuman a obriga de substituír as persoas que exerzan calquera permiso, tanto remunerado como sen remunerar. Garantiranse compensacións adecua­das para calquera tipo de situación de incapacidade temporal, incluídas as continxencias comúns.

    — Mellorar as condicións laborais das persoas traballadoras no ámbito dos coidados, de forma que se lles garantan traballos de calidade e vixilancia en saúde laboral, incluídos os riscos psicosociais segundo a súa especialización, con salarios dignos e adecuación de categorías profesionais. Garantías de salarios acordes coa titulación exixida. Mecanis­mos para eliminar a parcialidade indesexada.

    — Definir a figura de «asistente persoal» como categoría profesional e introducila nos con­venios colectivos respectivos.

    — Incrementar significativamente o persoal de atención a domicilio, agora claramente in­suficiente, para que a pauta dos coidados establecida pola maioría de comunidades (ACP: atención centrada na persoa) resulte viable, con garantías de recibiren os coidados ne­cesarios as persoas usuarias e con garantías de condicións laborais e salariais dignas para as profesionais.


    Le o texto completo picando aquí ou na ligazón á dereita.